A importancia do factor ambiental no desenvolvemento sustentable é o punto de partida do novo Proxecto de Ecoinnovación, que foi presentado nunha Xornada Técnica no CIS Madeira. O proxecto xorde da iniciativa conxunta do propio CIS Madeira e o Clúster da Madeira de Galicia.
A Xornada Técnica, que tivo lugar nas instalacións do CIS, contou coa participación de expertos do Instituto de Ciencia y Tecnología Ambiental da Facultade de Ciencia da Universidade Autónoma de Barcelona, e con Gumersindo Feijoo, membro do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela.
O concepto da Ecoinnovación fundaméntase na incorporación do criterio ambiental coma peza angular na concepción de novos procesos e produtos nas empresas madeireiras da segunda transformación. Axuda a establecer unha sistemática para identificar, controlar e mellorar constantemente os aspectos ambientais dos produtos e servizos dunha organización.
Ten, por tanto, unha dobre vertente. Por unha banda, mellorar as capacidades de innovación e tecnoloxía, e, pola outra, contribuír á sustentabilidade e á conservación do medio ambiente.
O proxecto abrangue diferentes estudos de análise do ciclo de vida dos posibles produtos e a valoración estratéxica ambiental, con todas as repercusións tecnolóxicas, económicas e socias que conlevaría.









