A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e o CIS Madeira, coa colaboración da Consellería de Vivenda e Solo, organizan o curso Construción en Madeira 2007.
Enmarcado no convenio específico de colaboración para incrementar en Galicia a formación e a utilización de produtos de madeira na construción; está dirixido ao persoal técnico da Administración autonómica e local, e a todos aqueles arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros e enxeñeiros técnicos vinculados ao sector da construción.
O obxectivo é ofrecer un maior coñecemento que resulte nun maior e óptimo emprego da madeira e de produtos específicos para a mesma na construción. O curso contará con catro módulos, impartidos do 28 de setembro ao 26 de outubro.
Módulos
- 1- Cálculo de estruturas de madeira
- 2- Unións e deseño construtivo
- 3- Técnicas de inspección e intervención en edificios antigos con estrutura de madeira
- 4- Eficiencia enerxética e bioconstrución
Programa
Descarga do programa do curso en formato PDF [1.507 KB]





