Convenio coa Universidade de Santiago no curso de posgrao de Enerxías Renovables
O CIS Madeira únese a outras dez entidades e empresas na sinatura dun convenio de colaboración co curso de posgrao de Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, da Universidade de Santiago.
Este acordo foi subscrito o 8 de outubro de 2007 coa presenza dos representantes de cada unha das entidades e o propio reitor da universidade compostelá.
As prácticas que completan a formación dos alumnos deste máster impartido na facultade de Física, poderán realizarse en calquera das entidades asinantes deste convenio. Entre elas o propio CIS Madeira.





