Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Ciclo de conferencias:

“Nova arquitectura e deseño sustentable en Voralberg”

A Coruña acolle dende hoxe e ata o 18 de outubro un ciclo de conferencias sobre a nova arquitectura en Voralrlberg. A iniciativa parte dunha aposta de tres consellerías polo coñecemento e emprego da madeira na construción: as consellerías de Vivenda e Solo, Medio Rural e Innovación e Industria. Esta última está especialmente presente a través do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS Madeira).

O caso da rexión austríaca de Vorlarlberg é un exemplo de deseño baseado na sustentabilidade e o respecto a tradición, sen deixar de estar en sintonía coa innovación. A madeira é o elemento construtivo fundamental no que se unen estas premisas, manifestándose no seu uso na arquitectura e edificación en Vorarlberg.

Este é un material amplamente empregado en toda Europa, e polo que Galicia comeza a interesarse debido as súas características como material de construción onde destaca polo seu comportamento como illante térmico, pola súa excelente relación entre as propiedades mecánicas e de resistencia con respecto ao seu peso, e pola calidade estética e arquitectónica que proporciona aos espazos onde se sitúa.

 

Na procura dun desenvolvemento sustentable, a madeira xoga un papel preponderante respecto doutros materiais na construción; destaca a súa capacidade de fixar CO2 da atmosfera, contribuíndo a reducir o impacto do cambio climático, e trátase dun material renovable, con posibilidades de ser xestionado, onde no seu procesado requírese un custo enerxético mínimo.

O CIS Madeira, a Universidade de A Coruña e o Colexio de Arquitectos de Galicia son os organizadores destas sesións. Os relatorios serán impartidos por prestixiosos urbanistas e arquitectos desta rexión austríaca e complementadas por diversos coloquios onde terán oportunidade de intercambiar experiencias con arquitectos e técnicos de Galicia.

Ás xornadas terán lugar pola maña na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña e pola tarde no Edificio da Fundación Caixa Galicia contando coa presenza de Encarna Otero Cepeda, Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda; Alberte Blanco Casal, Director Xeral de Montes e Industrias Forestais e Anxo Calvo Silvosa, Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas.