Galego / Castellano / English

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Eucalipto. Aplicacións da Madeira

06/09/2011

No marco dun convenio de colaboración co Cluster da Madeira de Galicia, o CIS-Madeira acaba de publicar o catálogo “Eucalipto: Aplicacións da madeira”.

Esta publicación, cun marcado carácter arquitectónico, recolle ao longo das súas 40 páxinas unha selección de obras recentes elaboradas con madeira de eucalipto dos bosques de Galicia e invita a descubrir as súas posibilidades de aplicación.

Varios traballos de investigación desenvolvidos durante os últimos anos permitiron mellorar considerablemente as tecnoloxías de transformación desta especie o que, xunto coa aparición de novos procesos produtivos, está posibilitando o acceso da madeira de eucalipto branco a novas aplicacións.

Cunha vocación puramente divulgativa do emprego da madeira de eucalipto, preténdense difundir as excelencias desta especie como madeira de uso estrutural e en aplicacións de mobiliario e carpintaría.

 

Descargar o catálogo en formato PDF [2.842 KB]