Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Introducción á Vixilancia Tecnolóxica

A Plataforma Tecnolóxica da Madeira organizou unha nova xornada sobre Vixilancia Tecnolóxica na tarde do 16 de Xaneiro en Santiago de Compostela. Nela tratouse sobre as ferramentas máis adecuadas e as novas técnicas para coñecer os cambios, necesidades e innovacións do sector.

Os expertos Pere Escorsa, que fixo unha introducción ao concepto de vixilancia, e Begoña Fernández, que amosou a experiencia en vixilancia aplicada ao CEMITEC (Un Centro Tecnolóxico multidisciplinar), foron os relatores. A xornada enmárcase nas actuacións formativas da Plataforma Tecnolóxica da Madeira.