Galego / Castellano / English

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Xornada: Fomento tecnolóxico e da Innovación

O 6 de Febreiro terá lugar unha xornada para presentar o plan de actuación da Consellería de Innovación e Industria e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI). Intervirán o conselleiro Fernando Blanco; Andrés Zabara, Director de tecnoloxía do CDTI, dependente do Ministerio de Industria; e o Director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, nun acto que se celebrará pola mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago.

O plan de actuación xorde para xestionar os 405 millóns de euros cos que conta Galicia para actividades de I+D+i procedentes dos Fondos FEDER comunitarios. Estes fondos están destinados a pequenas e grandes empresas, centros públicos de investigación, universidades e centros tecnolóxicos.

O CDTI, organismo que decide sobre a asignación destes fondos, estableceu un acordo co goberno galego para xestionar os cartos comunitarios que se traduce en dous instrumentos específicos: os Proxectos Integrados e os Proxectos de Apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras. Os fondos serán para proxectos de envergadura e potencial. A Plataforma Tecnolóxica da Madeira é un organismo fundamental para unir aos axentes implicados do sector en proxectos importantes e poder captar fondos para a innovación.

Descarga do programa da Xornada