A aplicación de novas ideas é un dos desafíos que afronta a industria galega do moble para acadar maior competitividade. A Feira do Moble de Galicia, que se celebra do 6 ao 14 de Setembro en A Estrada, pretende dar pulo á innovación como garante dunha productividade máis óptima. Neste senso, o CIS Madeira ten unha importante presenza na mesma, contando con stand propio e organizando as Xornadas Técnicas do día 11 de Setembro.
Coa ponencia de título “Sistema Forestal Industrial de Galicia”, Ángel Miramontes, Técnico do CIS Madeira, ábrense ás Xornadas Técnicas ás 10:30. O SIFI é un ambicioso proxecto do CIS Madeira, co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia e o Instituto para o Desenvolvemento Económico de Galicia. Este Sistema permite cruzar unha grande cantidade de datos xeográficos e económicos que posibilitan unha mellor análise da realidade galega da industria madeireira e as súas posibilidades de desenvolvemento.
A Xornada contará tamén coa ponencia “ECOINNOVACIÓN no sector do moble” a cargo de Francisco Pedras, director do CIS Madeira. Tratará sobre a importancia de buscar novos camiños no eido da sustentabilidade e o medio ambiente aplicadas á innovación.
O día 12, dentro de outras xornadas organizadas pola Consellería de Medio Rural, Azahara Soilán, Técnica do CIS Madeira, falará sobre “A Madeira coma material innovador”. Será unha charla sobre as vantaxes que ten este material respecto a outros menos ecolóxicos coma o aceiro ou o formigón.





