O CIS Madeira patrocina o Seminario “Técnicas no destructivas para el diagnóstico de la madera estructural. Nuevas aplicaciones en rehabilitación y restauración”. Este Seminario celébrase do 1 ao 3 de outubro en Cuenca e está organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo.
O obxectivo do mesmo é dar resposta ao interese que xeran as novas tecnoloxías non destrutivas para a caracterización e o diagnóstico da madeira posta en obra. O CIS Madeira participa activamente coa intervención de Manuel Touza, xefe de área de Innovación e Tecnoloxía. Presentará as ponencias “Avaliación de patoloxías da madeira mediante o uso do resistógrafo” e “Clasificación visual da madeira e realización de probas de carga”.
Galicia conta cun importante número de edificios con máis dun século de antigüidade na que os forxados e/ou cubertas de madeira constitúen o principal elemento resistente. Moitos destes edificios son obxecto de intervencións (inspeccións técnicas de edificación, proxectos de rehabilitación, cambio de uso, etc.) que requiren coñecer o estado e a capacidade resistente dos elementos estruturais de madeira.
A través das actividades de formación orientadas a arquitectos e as asistencias técnicas realizadas habitualmente no ámbito das estruturas antigas de madeira, o CIS Madeira contribúe á recuperación e conservación de construcións de madeira en Galicia.





