Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Nova actividade de formación

O curso de posgrao de Deseño e Cálculo de Estruturas de Madeira comezou o 17 de Outubro de 2008 na Escola Politécnica Superior de Lugo. Está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conta co apoio do CIS Madeira, coa presenza dos seus técnicos como relatores nalgúns dos módulos e co premio “CIS Madeira” ao mellor proxecto de fin de curso.

O curso está dirixido a titulados universitarios de primeiro e segundo ciclo de carreiras técnicas que desexen adquirir unha formación de especialista da USC nos aspectos de cálculo e deseño de estruturas de madeira para a edificación tanto arquitectónica como rural e para proxectos de obra civil.

O obxectivo é que cada vez máis técnicos coñezan os aspectos específicos das obras con madeira para así poder incrementar o seu emprego na construción. Así cada vez serán menos as carencias para a unha maior implantación deste material sustentable e ecolóxico e sacarlle máis partido a esta materia prima tan abundante en Galicia.

Os módulos que integran as 200 horas do curso son:

  • A Madeira coma material de construción
  • Cálculo estrutural segundo o CTE
  • Deseño de estruturas e CAD aplicado á madeira
  • Realización de proxectos de edificación
  • Realización de proxectos de pontes de madeira
  • Estruturas especiais e casas de madeira
  • Execución de estruturas
  • Intervención en estruturas de madeira
  • Realización de Proxecto de Fin de Curso