Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

A Biomasa e as Enerxías Renovables

A Universidade de Educación a Distancia de Lugo organiza na súa sede un simposio sobre Enerxías renovables os días 7 e 8 de maio. As diferentes ponencias divídense en bloques temáticos, ocupándose o día 7 da enerxía eólica e o día 8 da biomasa. Francisco Pedras, Director do CIS Madeira, intervirá pola tarde para falar da Xestión da Biomasa Forestal Primaria en Galicia.

Integrar no respecto ao medio ambiente o aproveitamento enerxético na procura dun desenvolvemento sustentable é un obxectivo cada vez máis importante. A Biomasa é unha fonte de enerxía renovábel que emprega recursos forestais que anteriormente eran considerados coma improductivos, coma o caso do mato ou dos residuos dos serradoiros e empresas de transformación da madeira.

O CIS-Madeira, ten unha extensa experiencia no estudo da biomasa forestal para a súa utilización como materia prima nos procesos industriais de transformación da madeira así como para o seu emprego como recurso enerxético. Dende a súa creación, en 1996, ven desenvolvendo unha intensa actividade neste campo. Esta acción arrancou co proxecto “Aproveitamento da Biomasa Forestal na Cadea Monte-Industria de Galicia”. É este un proxecto pioneiro no testado e avaliación das tecnoloxías máis modernas desenvolvidas a nivel mundial no eido da recollida e aproveitamento dos restos das cortas de madeira nos montes galegos.