Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Asemblea Europea Anual do Taboleiro

Asemblea Xeral Anual EPF e FEIC

A Federación Europea de Taboleiros (EPF) e a Federación Europea de Industria de Contrachapado (FEIC) celebran este ano a súa Asemblea en Santiago de Compostela entre os días 23 e 26 de Xuño. Este evento está organizado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Taboleiros (ANFTA) e conta coa colaboración do CIS Madeira.

Dentro deste encontro, o día 25 de xuño terá lugar a Asemblea Xeral Conxunta da EPF e a FEIC, no Colexio de Fonseca. Serán tratados diversos aspectos técnicos, económicos e medioambientais de interese para o sector. Será unha Xornada de Portas abertas, e contará coa presenza de expertos de prestixio no sector. Están invitados a asistir fabricantes, provedores, clientes, administracións, institucións, e institutos tecnolóxicos a nivel nacional e europeo.

Trataranse temas coma a situación actual do sector do taboleiro en Europa, análise do ciclo de vida do dióxido de carbono nos productos derivados da madeira, tecnoloxía Binder, a industria do taboleiro en Sudamérica ou O mellor camiño para predecir o futuro do taboleiro”. A Xornada será clausurada por Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago, e Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia.

Máis información e inscrición gratuita