Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Asesoramento nas propostas para subvencións

Obradoiros Fondos Tecnolóxicos

A Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas (Rede Neurona) organizará obradoiros para preparar propostas a presentar ao Fondo Tecnolóxico do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI). Esta iniciativa estará en marcha a partir de setembro e contará coa participación de expertos do CDTI e da Área de Financiamento da Unidade de Intelixencia Tecnolóxica Empresarial (UNITE).

O Fondo Tecnolóxico é unha partida especial de fondos procedentes do FEDER europeo dedicada á promoción do I+D+i nas empresas. O CDTI é o organismo estatal que xestiona a concesión deses fondos, nos que se concede prioridade ás rexións de “converxencia” (Andalucía, Castela - A Mancha, Estremadura e Galicia). A estas rexións menos desenvolvidas correspóndelles o 70% do total das subvencións de todo o estado. A información sobre esta convocatoria pódese, consultar na web do CDTI http://www.cdti.es/ e na web de Neurona http://www.redeneurona.org/ no buscador de fondos e subvencións, indicando Fondo tecnolóxico no campo aberto do buscador.

Os Obradoiros que organiza a Rede Neurona están dirixidos a todas as empresas e organismos de intermediación interesados. Para Nacen froito do Convenio de colaboración para o Fomento da Innovación e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, subscrito entre o CDTI e a Consellería de Economía e Industria.