Seminario Interreg
O vindeiro luns, 19 de abril de 2010, desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid, 2–4 de Santiago de Compostela, unha xornada de traballo sobre "As posibilidades de financiamento do I+D+i nos Programas de Cooperación Territorial (Interreg)" organizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia, no marco da iniciativa INGENIO 2010, cuxo obxecto é estimular a participación de entidades galegas en proxectos internacionais de I+D+i.
A devandita xornada terá un carácter eminentemente práctico, cunha primeira parte na que representantes de entidades experimentadas neste ámbito ilustrarán as oportunidades que estes programas representan para entidades promotoras e/ou dinamizadoras de proxectos de I+D+i; prevese a continuación a realización de dous workshops, dirixidos por técnicos de econet, empresa consultora especializada en financiamento da innovación; neles daranse as pautas para a identificación, nas entidades participantes, de proxectos de interese susceptibles de ser financiados polos devanditos instrumentos.
Adicionalmente, porase á disposición dos asistentes un Partners Corner, onde os participantes, previo envío da información segundo modelo adxunto, poderán intercambiar ideas e buscar socios para os seus proxectos.
ATENCIÓN: A Xornada ten unha cota máxima de asistentes, polo que é imprescindible inscribirse antes.
Pode descargar o programa da Xornada, así como o boletín de inscrición, que deberá enviar cuberto ao enderezo de correo electrónico ou ao número de fax indicados, no cado de descargas.
DESCARGAS ASOCIADAS
| Boletín de inscrción [41 KB] |
| Programa da Xornada [423 KB] |






