Congreso Internacional do Contract
Os vindeiros días 5 e 6 de maio de 2010 no marco de IFEMA- Feira de Madrid, en colaboración coas feiras Interiorhome Madrid e Casa Pasarela, celebrarase o "Congreso Internacional del Contract”
Este congreso de gran éxito internacional, está promovido por UNEX e organizado polo GRUPO VÍA. Nel analizaranse con profesionais de recoñecido prestixio as tendencias, vanguarda e deseño no ámbito do Contract a través dun intenso programa, que contará con presentacións maxistrais e con varias mesas de debate sobre os factores de competitividade nas novas tendencias en Contract, sobre cómo xestionar con éxito o deseño e a vanguarda, sobre a xestión da emoción como valor estratéxico e sobre as experiencias profesionais e proxectos singulares.
DESCARGAS ASOCIADAS
| Programa da Xornada e boletín de inscrición [405 KB] |





