Galego / Castellano / English

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

Miradoiro para o sector da madeira

A Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira contén na súa páxina web un amplo abano de información sobre axudas, cursos e todas as novidades que poden interesar ao sector. Con actualizacións constantes, este portal é unha referencia informativa para as empresas madeireiras.

Os contidos están dispostos de tal maneira que os interesados poden acceder dun xeito cómodo e rápido ás diferentes axudas oficiais, tanto da Xunta coma do Estado, ás que poden acollerse. Tamén recolle os cursos que son organizados en Galicia para crear unha cultura innovadora no ámbito empresarial.

Así mesmo, conta con links e información de actualidade dos diferentes congresos e xornadas, non só específicos do ámbito madeireiro, se non tamén de temas sensibles ao medio ambiente, a sostenibilidade ou calquera apartado susceptible de mellorar a rendibilidade e a calidade tecnolóxica das empresas.

Os usuarios que o desexen, poden subscribirse á canle RSS da páxina para permanecer puntualmente informados das novas. Ademais, esta páxina pretende ser unha ferramenta para realizar consultas on line e acoller novas ideas. Responde así a un dos obxectivos fundamentais da Plataforma: unir aos distintos axentes da madeira para poder optar a axudas e subvencións máis cuantitativas.

Se desexa acceder á páxina da Plataforma pode facelo a través do seguinte link