Proxecto LEADERA
- Trátase de un proxecto ERANET onde participan diferentes rexións europeas
coa finalidade de deseñar unha convocatoria de axudas trans-rexional da
que poidan beneficiarse os diferentes axentes galegos de I+D (empresas,
universidades, centros tecnolóxicos, etc.) vinculados ás temáticas
definidas pola UE dentro da iniciativa Lead Markets
Fomento da participación en programas de I+D
- Logo da finalización dunha primeira iniciativa de fomento da participación de empresas do sector da madeira de Galicia en proxectos de I+D de ámbito nacional e internacional (na que se obtivo un financiamento total equivalente a 4,7 millóns de euros) empréndese unha segunda iniciativa, co fin de apoiar novos proxectos e difundir información sobre as novas modalidades de axudas do Fondo Tecnolóxico.
Iniciativa "Contract"
Co fin de alcanzar un mellor coñecemento e aproveitamento das oportunidades que ofrece a canle de comercialización "Contract" en Galicia, entre os días 22 e 26 de febreiro de 2010, levaranse a cabo unha serie de reunións con aquelas empresas que desexen introducirse ou consolidarse neste mercado.
Congreso de Innovación Forestal
O 1 de decembro celebrouse na sede do CDTI o Congreso de Innovación Forestal. Onde se expuxeron as liñas estratéxicas desenvolvidas polas diferentes cadeas de valor da PTFE e ademais contouse coa p...
Madeira Verde
- En torno a este material e as súas aplicacións na construción versa un seminario que ten lugar o 10 de setembro en Chippenham, Inglaterra.
Colaborar para innovar
as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia. Acto central do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación en Galicia.
Manual de boas prácticas na embalaxe
- O CIS Madeira pon a disposición dos interesados os resultados do "Estudo de Mellora na Embalaxe e no Transporte da Madeira en Galicia" (E.M.E.T. Madeira)
Asesoramento nas propostas para subvencións
- A Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas (Rede Neurona) organizará obradoiros para preparar propostas a presentar ao Fondo Tecnolóxico do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI).
Emprego da madeira contra o cambio climático
- No marco da Asemblea Europea de Fabricantes de Taboleiro, presentouse o libro: "Frente al cambio climático, emplea madera".
Asemblea Europea Anual do Taboleiro
- A Federación Europea de Taboleiros (EPF) e a Federación Europea de Industria de Contrachapado (FEIC) celebran este ano a súa Asemblea en Santiago de Compostela entre os días 23 e 26 de Xuño.
A embalaxe e o transporte de produtos de madeira
- A colaboración entre o Clúster da Madeira de Galicia e o CIS Madeira obtén de novo resultados ao facerse realidade o proxecto "Estudo de Mellora na Embalaxe e no Transporte da Madeira en Galicia" (E.M.E.T. Madeira).
A Biomasa e as Enerxías Renovables
- A Universidade de Educación a Distancia de Lugo organiza na súa sede un simposio sobre Enerxías renovables os días 7 e 8 de maio.
Xornada do Uso da Madeira no Rural
- A cidade de Lugo acolleu os días 26, 27 e 28 de Marzo as xornadas que formaron parte da Semana Forestal, organizada pola Consellería de Medio Rural, a Diputación provincial, Foresgal e a Fundación Feiras e Exposicións.
Xornada técnica da PTGN
- O pasado xoves 02 de abril, celebrouse en Santiago de Compostela na sede de Feuga a Xornada técnica da Plataforma Naval.
Miradoiro para o sector da madeira
- A Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira contén na súa páxina web un amplo abano de información sobre axudas, cursos e todas as novidades que poden interesar ao sector.
Congreso Medio Rural e Cambio Climático
- O día 26 de Marzo de 2009 celebrarase no PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña) o “CONGRESO MEDIO RURAL E CAMBIO CLIMÁTICO”.
Marcado CE nos aserradoiros galegos
- CONFEMADERA, FEARMAGA e o CIS-MADEIRA implantan o Marcado CE nos aserradoiros galegos.
Resultados Industria Forestal Galicia 2008
- A Federación Empresarial de Aserraderos e Rematantes de Galicia (Fearmaga), a Asociación Galega Monte Industria, o Cluster da Madeira de Galicia (CMA) e a Federación de Empresas de Carpintería e Ebanistería de Galicia (FECEG) presentaron os resultados do sector e os datos de produción/consumo de madeira en Galicia correspondentes ao ano 2008.
Nova páxina da PTGM
- Dende o pasado luns 16 de febreiro a páxina da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira (PTGM) conta cun novo formato.
Entrega de Premios do Foro da Madeira
- Buscar novos camiños e posibilidades para a madeira. Con este punto de partida, entregáronse en Santiago de Compostela os Premios “Ideas en Madeira”. O Salón de actos da Consellería de Vivenda e Solo reuniu aos premiados e a representantes das tres Consellerías e das agrupacións empresariais que forman parte do Foro da Madeira.
Produtos de madeira ecolóxicos
- Dentro do proxecto de Ecoinnovación, O CIS Madeira iniciou as visitas ás cinco empresas que se acollen a esta posibilidade de incorporar o criterio ambiental nos seus procesos produtivos.
Fallo do Concurso Foro da Madeira
- O Foro da Madeira deu a coñecer os premiados nas catro categorías correspondentes do concurso de proxectos para fomentar e potenciar o uso da madeira na construción e no mobiliario en espazos públicos. A xuntanza para elaborar o fallo, tivo como escenario o CIS Madeira, o día 9 de Xaneiro de 2009.
Construción Sostible en Madeira
- As Xornadas de Construción e Urbanismo Sostible teñen lugar no Colexio de Arquitectos de Lugo. O Director do CIS Madeira, Francisco Pedras, da unha charla o luns 12 de Xaneiro sobre a Madeira coma Material innovador.
Unidade Investigación en Madeira na Construcción
- O acondicionamento dun local no Campus Universitario de A Coruña servirá coma sede para a futura Unidade de Investigación en Madeira na Construción. Esta xorde dun convenio entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade de A Coruña, e conta co beneplácito do Consello da Xunta, que xa aprobou unha partida de 300.000 euros para a construción destas novas dependencias.
Axudas á instalación de fiestras de madeira
- A Consellería de Innovación e Industria pon en marcha o primeiro Plan Renove de Fiestras, que está destinado á rehabilitación da envolvente térmica das edificacións.
Curso de CADWORK
- Seguindo cos seus obxectivos formativos, o CIS Madeira acolleu durante os días 9, 10 e 11 de Decembro un curso sobre o programa Cadwork.
Ecoinnovación
- A importancia do factor ambiental no desenvolvemento sustentable é o punto de partida do novo Proxecto de Ecoinnovación, que foi presentado nunha Xornada Técnica no CIS Madeira.
Presentación da Semana da Ciencia
- A celebración da Semana da Ciencia en Ourense contará co apoio do CIS Madeira. O día 13 de Novembro, o Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato, fixo referencia no acto de presentación ao obradoiro/exposición "Ciencia da Madeira", organizado polo CIS Madeira.
Curso Construcción en Madeira 2008
- A Consellería de Vivenda e Solo en colaboración ca Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, CIS-Madeira, organizan o curso "Construcción en Madeira 2008: Técnicas de inspección e intervención en edificios antigos con estrutura de madeira".
Novo curso da PTGM
- No marco da "Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira", o CIS-Madeira organiza unha acción formativa acerca da Viabilidade e Xestión da incertidumbre nos Proxectos.
Innovación para os secadoiros de madeira
- O 28 de Outubro na Casa do Concello de Oza dos Ríos, celebrarase unha xornada sobre "Comprobación das sondas de temperatura dos secadoiros de madeira".
O Foro da Madeira intensifica as súas actividades
- A nova edición do Curso de Construción en Madeira foi inaugurada pola Directora Xeral de Vivenda, Encarna Otero, e o Director do CIS Madeira, Francisco Pedras, na Escola Galega de Administración Pública. Remarcase así a colaboración entre a Consellería de Vivenda e o CIS Madeira, organizadores do curso, coma partes integrantes do Foro da Madeira.
Na procura do incremento do uso da madeira
- Un grave problema para o emprego da madeira coma material construtivo reside no gran descoñecemento que hai sobre as súas propiedades. Coa finalidade de promocionar o seu uso na construción, o 23 de outubro iníciase en Santiago de Compostela o Curso de Construción en Madeira 2008. Está organizado pola Consellería de Vivenda e Solo en colaboración co CIS Madeira e esta é a súa segunda edición.
Nova actividade de formación
- curso de posgrao de Deseño e Cálculo de Estruturas de Madeira da Universidade de Santiago de Compostela
Curso construción en madeira 2008:
- Cálculo de estruturas - Pechado o plazo de inscrición ao curso
Seminario sobre técnicas non destrutivas
- O CIS Madeira patrocina o Seminario "Técnicas no destructivas para el diagnóstico de la madera estructural. Nuevas aplicaciones en rehabilitación y restauración". Este Seminario celébrase do 1 ao 3 de outubro en Cuenca e está organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo.
A innovación presente na Feira do Moble
- A aplicación de novas ideas é un dos desafíos que afronta a industria galega do moble para acadar maior competitividade. A Feira do Moble de Galicia, que se celebra do 6 ao 14 de Setembro en A Estrada, pretende dar pulo á innovación como garante dunha productividade máis óptima.
Convocatoria de Prazas mes de Agosto
- Publicadas as bases das convocatorias dos programas "ISABEL BARRETO" e "LUCAS LABRADA"
Presentación da Guía da Madeira Estrutural
- A posta en marcha do Foro da Madeira serviu para presentar a Guía da Madeira Estrutural. Esta é unha publicación editada polo CIS Madeira en colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo.
Nace o Foro da Madeira
- Anxo Quintana presidiu o 16 de Xullo a sinatura da constitución do Foro da Madeira en Santiago de Compostela. O Foro está integrado polas Consellerías de Vivenda e Solo, Medio Rural, e Innovación e Industria, representando ao Goberno Galego, e polo Clúster da Madeira, Fearmaga, Asociación Galega Monte-Industria e Feceg, representando as empresas e agrupacións do sector.
Tecnoloxía da Madeira. Industria de Transformación
- "I Xornadas Innternacionais sobre o Castiñeiro". O CIS-Madeiras pon a disposición dos seus visitantes unha páxina sobre a xornada no CIS.
Propostas de acción para a madeira de castiñeiro
- As instaslacións do CIS-Madeira acollen os relatorios sobre Tecnoloxía da Madeira dentro das I Xornadas Innternacionais sobre o Castiñeiro.
Xornadas sobre Castiñeiro
- A Consellería de Medio Rural conta co apoio do CIS Madeira para a organización das primeiras Xornadas Internacionais do Castiñeiro. Estas celébranse os días 22, 23 e 24 de Maio no Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria (CETECA), en San Cibrao das Viñas, Ourense.
Convocatoria de Prazas
- Publicadas as listas de seleccionados e suplentes. Data publicación: 13.05.08
Reunión do comité executivo da PTGM
- A Plataforma Tecnolóxica da Madeira está seguindo a folla de ruta prevista para a presentación de proxectos innovadores susceptibles de subvencións da Unión Europea.
Presentación do proxecto "Quality Wood"
- O Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira) presentou o proxecto europeo Quality Wood o pasado sábado 29 de marzo dentro da programación da feira Foresgal, que tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo, contando coa participación de destacados expertos.
Curso Construcción en Madeira 2007
- O CIS-Madeira pon a disposición dos seus visitantes a documentación do curso "Construcción en Madeira 2007", curso celebrado en Santiago a finais do ano 2007.
Trazados os camiños da PTGM
- Os grupos de traballo da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira abordaron os posíbeis proxectos de innovación que marcarán a súa axenda nos próximos meses. O 26, 27 e 28 de Febreiro, reuníronse cada un dos subsectores da madeira no hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela. O plantexamento de problemas comúns e proxectos innovadores nos que traballar xuntos foi o obxectivo destas reunións.
Primeiras accións da Plataforma da Madeira
- Un acto en Santiago de Compostela o 6 de Febreiro serviu para presentar o Plan de Traballo da Plataforma Tecnolóxica da Madeira. As empresas do sector e o CIS Madeira, no seu papel de secretaría técnica da Plataforma, contaron coa presenza da Asesoría Zabala para falar sobre os pasos iniciais concretos que vai dar a Plataforma.
Xornada: Fomento tecnolóxico e da Innovación
- O 6 de Febreiro terá lugar unha xornada para presentar o plan de actuación da Consellería de Innovación e Industria e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI).
Introducción á Vixilancia Tecnolóxica
- A Plataforma Tecnolóxica da Madeira organizou unha nova xornada sobre Vixilancia Tecnolóxica na tarde do 16 de Xaneiro en Santiago de Compostela.
Xornada: Perspectivas da biomasa en Galicia
- O CIS Madeira estará presente na "Xornada sobre a situación e perspectivas da Biomasa coma produtora de enerxía en Galicia", no hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela o mércores 23 de xaneiro.
Vixilancia Tecnolóxica
- A Plataforma Tecnóloxica Galega da Madeira organiza un curso especializado sobre vixilancia tecnolóxica (14 horas). Este curso, dirixido a persoal técnico das empresas do sector, ofrecerá unha formación práctica na aplicación de metodoloxías para o desenvolvemento de tarefas de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva.
Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira
- Adxudicación do Concurso para a contratación da prestación de servizos de apoio á Secretaría Técnica da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira.
A Plataforma Tecnolóxica comeza a súa andaina
- Os primeiros pasos da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira, tiveron lugar o 15 de novembro en Santiago de Compostela. O Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato, o Director Xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Branco, e o Presidente do Clúster da Madeira, José Blanco, fixeron a súa presentación.
Presentación da PTGM
- O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, fará a presentación pública da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira o xoves, día 15 de novembro, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela.
"Provocación Construtiva" aterra en Vigo
- O día 7 de Novembro terá lugar a inauguración da exposición "Provocación Construtiva. Arquitectura Contemporánea en Vorarlberg". A mostra, permanecerá en Vigo ata o 27 de Novembro. Tras percorrer Santiago e A Coruña, remata na cidade olívica o seu ciclo galego.
Eucalipto. Aplicacións da Madeira
- No marco dun convenio de colaboración co Cluster da Madeira de Galicia, o CIS-Madeira acaba de publicar o catálogo "Eucalipto: Aplicacións da madeira". Esta publicación recolle unha selección de obras recentes elaboradas con madeira de eucalipto.
Ciclo de conferencias:
- A Coruña acolle dende hoxe e ata o 18 de outubro o ciclo de conferencias "Nova Arquitectura e Deseño Sustentable en Voralrlberg". A iniciativa parte dunha aposta de tres consellerías polo coñecemento e emprego da madeira na construción: as consellerías de Vivenda e Solo, Medio Rural e Innovación e Industria.
O Cis Madeira asina un convenio coa USC
- O CIS Madeira únese a outras dez entidades e empresas na sinatura dun convenio de colaboración co curso de posgrao de Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, da Universidade de Santiago.
"Provocación Construtiva"
- Dende o 20 de Setembro, e ata o 30 de Outubro de 2007, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña (ETSAC) acolle a exposición "Provocación Construtiva". Esta mostra é promovida polo CIS Madeira e as Consellerías de Vivenda e Solo e Medio Rural. Supón unha achega ao traballo dos máis punteiros arquitectos da rexión de Vorarlberg, en Austria.
Curso de Construción en Madeira
- A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e o CIS Madeira, coa colaboración da Consellería de Vivenda e Solo, organizan o curso Construción en Madeira 2007.
Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira
- Concurso para a contratación da prestación de servizos de apoio á Secretaría Técnica da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira.
Reforzo do papel do CIS-Madeira
- Industria, Medio Rural e Vivenda reforzan o papel do CIS-Madeira
Concurso para incentivar o uso da madeira
- O Cluster da Madeira de Galicia convoca un concurso para incentivar e difundir o uso intensivo da madera e os seus materiais derivados
Proxecto ATLANWOOD
- Xornada de Presentación do proxecto 'Cooperación Técnica para o desenvolvemento das Aplicacións Industriais da Madeira de Piñeiro Pinaster (ATLANWOOD)'. Subidos os Relatorios 19/01/2007