Obxectivos
- Elaboración e execución de proxectos de investigación básica e aplicada.
- Transferencia de tecnoloxía.
- Promoción e difusión do coñecemento sobre a utilización da madeira nas súas diversas aplicacions, especialmente na construción.
- Impartir formación nas áreas relacionadas coa tecnoloxía da madeira.
Órganos de Goberno
O CIS-Madeira está constituído como un centro tecnolóxico, sen fins de lucro, baixo a seguinte organización:
O Centro conta con dous órganos de goberno:
Consello Asesor
Dirección do Centro.
A estrutura funcional está composta por dúas áreas de actividade:
Área de Innovación e Tecnoloxía
Área de Información e Estudios.
ACTIVIDADES
Entre as actividades do CIS-Madeira, xunto ó desenvolvemento de proxectos de investigación, inclúese a prestación de servizos como o estudio de materiais e produtos, a mellora de procesos produtivos, a formación de recursos humanos, e a información e documentación especializada. O centro está dotado dun completo laboratorio, equipado cos medios técnicos necesarios para realizar ensaios físico-mecánicos e químicos de diversa natureza.





