Idioma: Castelán / Galego

Centro de Innovación e Servizos da Madeira

A Edificación

Galería fotográfica

Debe actualizar o seu reproductor de Flash.

Faga clic acá para actualizar o seu reproductor de Flash.

Ver PDF descritivo [243 KB]

Descrición

A sede do CIS MADEIRA, sita no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, foi proxectada polo arquitecto Iago Seara, quen intentou dotar ao centro dunha imaxe que se identifique coa actividade desenvolvida no mesmo.

O edificio combina tradición e modernidade, que se reflexa por unha banda na recuperación de elementos da arquitectura vernácula, tales coma o patio ou a galería e no emprego de materiais tradicionais como a pedra e a madeira, fronte a unha imaxe innovadora que ven dada polo xogo de volumes puros, a cuberta plana e as grandes cristaleiras abertas cara o patio central.

O esquema en “U” da planta permite crear un espacio interior coma de “claustro”, cara o que deriva a zona pública. Nesta área destaca un corredor a dobre altura, destinado á exposición, no que a entrada de luz sobre os acabados de madeira produce un xogo de tonalidades que van cambiando ao longo do día.

No edificio distínguense tres zonas: zona de uso público, área de traballo, e laboratorios, que se adaptan a súa configuración en planta, de modo que o uso público non interfira nas áreas de traballo interno. O resultado desta zonificación é unha gran riqueza de espacios e percorridos, que se acentúan na zona pública grazas á apertura de grandes acristalamentos que permiten unha maior relación interior-exterior.

O acceso principal sitúase no ala Norte, na que se atopan a sala de exposicións na planta baixa e o área de administración e dirección na alta. De aquí parte o corredor de exposición, así coma o acceso ás áreas de traballo e laboratorios.

O esquema do ala central do edificio podería definirse coma unha “caixa” dentro dun contedor maior, co que se xenera unha dobre circulación: un corredor que sirve ao área de traballo e a comunica cos laboratorios, e un corredor de exposicións aberto ao público e que conduce á sala de formación.

O ala sur destinase a laboratorios e talleres, distribuídos en planta baixa e primeira, ademais dun soto para instalacións.

En canto aos materiais empregados na construcción, un dos protagonistas, como non podería ser doutro xeito, é a madeira. Na fachada de acceso ao edificio decidiuse empregar un sistema construtivo de fachada trasventilada, na que as lamas de madeira empregadas son de cedro canadense (Thuja plicata). Esta madeira foi tratada cun fixador de taninos. Nas fiestras corridas que caracterizan esta fachada, así como en toda a carpintaría exterior, empregouse madeira de cedro brasileiro (Cedrela odorata), tratada no autoclave e rematada cun verniz ao auga tipo “lasur”.

Tamén o interior do edificio emprega acabados en madeira, que se combinan cos enlucidos e pintados do resto dos paramentos. No corredor de exposicións empregáronse paneis corredizos con acabado en cedro roxo para o peche das cristaleiras. O mesmo acabado en cedro, pero cortado en lamas, emprégase nos paramentos dedicados á exposición. Os pavimentos do edificio, agás no ala de laboratorios, foron construídos empregando tarima de eucalipto (Eucalyptus globulus).

No que se refire á zona exterior da parcela, búscase o maior aproveitamento dos espacios, situando a construcción que alberga á planta piloto de secado. Empregáronse pavimentos executados con travesas de ferrocarril no patio exterior, para o que sigue a modulación marcada polas cristaleiras da fachada oeste.