Galego / Castellano / English

Vostede está aquí: Novas
Volver a: Inicio
Xeral: Información de Contacto Edición Mapa do sitio

Buscar:

II Xuntanza de Emprendedores

Os días 3 e 4 de xuño terá lugar en Lalín a II Xuntanza de Emprendedores

O espírito desta II Xuntanza é afondar nos camiños abertos na primeira. Ir un pouco máis lonxe nese camiño é o obxectivo para a segunda edición e para iso daremos novos pasos que faciliten o acceso a mercados emerxentes.

En breve farase a presentación oficial do acto comunicando a axenda, así como abrindo o prazo de inscrición.

Inauguración II Xuntanza Empresarial

A inauguración oficial da II Xuntanza Empresarial a celebrar ao longo dos días 3 e 4 de xuño correrá A Cargo do Conselleiro de Industria Don. Javier Guerra, xunto con outras autoridades.

Don Javier Guerra fixo a primeira inauguración e tras a positiva experiencia dese primeiro encontro empresarial mostrou o seu interese e dispoñibilidade en sucesivos encontros, que a día de hoxe se plasman nesta nova inauguración.

Anticipo do Programa

O Programa da II Xuntanza Empresarial fundaméntase en Foro de I+D+i na tarde do día 3 de xuño tras a inaguaración, asi como exposicións sobre novos mercados e experiencias empresariais o día 4 pola mañá.

O día 4 pola tarde resérvase para Conferencia Maxistral que ten como título Enseñanzas da Crise. Como non pode ser doutra forma ao longo de ambos os dous días estableceranse franxas horarias destinadas á interrelación entre empresas.

Descargas

Título Descarga asociada
Tríptico da Xornada PDF [1.403 KB]
Boletín de inscripción Documento de Word [58 KB]
Inscrición Online http://www.xepei.org/node/1
Máis Información http://www.xepei.org

Ir a: Congreso Internacional do Contract