Asistencias Técnicas

O CIS-Madeira ofrece unha ampla gama de servizos de asistencia técnica, orientados basicamente ó control da calidade de materiais e produtos, a reenxeñería de procesos, e o asesoramento sobre a construción en madeira.

Algúns exemplos


Servizos de ensaio ofrecidos polo CIS-Madeira

Identificación de madeiras.
Identificación de ataques xilófagos e diagnose de estruturas e elementos de madeira.
Determinación das características dos distintos tipos de taboleiro.
Ensaios físicos: humidade, dureza, densidade, etc.
Ensaios mecánicos: resistencia á flexión, tracción e compresión, flexión dinámica e estática, etc.
Ensaios químicos: emisión de formaldehido, composición química da madeira, análise de colas e vernices, etc.
Ensaios de portas e ventás, chans de madeira, mobles de cociña e mobles en xeral.
Servizos de inspección e ensaio.

(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina