Marcado CE nos aserradoiros galegos

CONFEMADERA, FEARMAGA e o CIS-MADEIRA implantan o Marcado CE nos aserradoiros galegos.

A Confederación Española de Empresarios da Madeira, CONFEMADERA, a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia, FEARMAGA e o CIS-MADEIRA traballan nestos momentos na implantación e a certificación do Marcado CE para madeira aserrada de uso estrutural, chans, frisos e entablados, en aserradoiros desta comunidade autónoma, en virtude do convenio de colaboración recentemente firmado entre ambas organizacións.

En concreto, CONFEMADERA encargarase das labores de asesoría técnica ás empresas relacionadas co Marcado CE, así como da súa adaptación aos requisitos do sistema de certificación, desenvolvemento de auditorías internas, asesoramento para a adopción das medidas correctoras e preventivas que poidesen ser necesarias e participación nas auditorías externas, cando sexa requisito do sistema das empresas ás que se implante no Marcado CE.

O proceso de implantación nas empresas deu comenzo en febreiro e está previsto que finalice, para un primeiro grupo de 13 empresas, no mes de abril.

Para Francesc de Paula Pons, Secretario Xeral de CONFEMADERA, “estamos nun momento crucial para empezar a incorporar o Marcado CE aos produtos do sector, xa que o que agora é en casi todos os casos un proceso voluntario, previsiblemente será un requisito esixible legalmente nun período de tempo relativamente corto, polo que debemos adiantarnos a esa esixencia e afrontar o reto o antes posible”.


(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina