Proxecto M.R.I.

O Proxecto M.R.I.-Mobiliza-la Rexión para a Innovación (2003-2004) está enmarcado dentro do Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III A “Cooperación Transfronteiriza España-Portugal”, Eixo 3- Desenvolvemento socioeconómico e promoción da empregabilidade, Medida 3.2- Desenvolvemento tecnolóxico, investigación e extensión da sociedade da información.


Este proxecto é consecuencia da necesidade de fomenta-la innovación coma factor de competitividade e desenvolvemento na euro-rexión Norte de Portugal-Galicia. Por elo, pretendese reforza-la cohesión económica e social a través da cooperación transfronteiriza, mediante estratexias comúns para un desenvolvemento sostible coa innovación coma fundamento.


O proxecto M.R.I. baséase na temática da Vixilancia e Intelixencia Tecnolóxica e de Mercados. Dentro destes parámetros, o obxectivo do M.R.I. é sistematizar as prácticas conxuntas de xestión da innovación na euro-rexión mediante a dispoñibilidade dunha ferramenta común de supervisión que fomenta a competitividade de cada infraestrutura ó permitir unha mellor focalización na análise dos mercados, empresas, áreas de influencia e sectores industriais.

Esta ferramenta traballa sobre plataforma Web e constitúe un espazo común para a obtención da información relevante para os distintos sectores de actividade correspondentes ós ámbitos de actuación dos centros participantes.

En total participan no proxecto trece centros, dos que cinco proceden da rexión norte de Portugal e os oito restantes de Galicia.



(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina