O Grupo Villapol comeza a súa actividade no ano 1960 coa apertura dun pequeno taller de carácter artesanal na localidade de Trabada (Lugo). Transcorridos 35 anos, o Grupo dispón dun centeal de empregados e as súas áreas de actividade abranguen a reforestación e xestión forestal, serrado e comercialización de madeiras tropicais.
No ano 1996, os socios do Grupo Villapol acordan realizar os estudios pertinentes para tratar de abordar a segunda transformación da madeira. Analizadas varias alternativas, decídese estudar as posibilidades de instalar unha fábrica de perfís laminados para carpintería, empregando a madeira de eucalipto (Eucalyptus globulus), pino galego (Pinus pinaster) e castaño (Castanea sativa).
Por isto, o Grupo Villapol asina un contrato co Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, para o asesoramento técnico e a realización dos estudios tecnolóxicos necesarios para a instalación de esta nova planta.
Os estudios de produto, o deseño e a tecnoloxía de proceso foron realizados polo CIS-Madeira, coa colaboración da empresa alemana Grecon-Dimter pertencente ó Grupo Weinig.
Durante o ano 2001 comezouse a produción de Laminados Villapol, S.A., primeira empresa no mundo que emprega madeira de eucalipto para obter perfís de madeira laminada para carpintería.
A fábrica está localizada no concello de Trabada (Lugo) e dispón dunha capacidade de produción de 9.000 m3/ano de perfís, con unha escuadría estándar de 72x86 mm. e lonxitudes comerciais de ata seis metros.
No caso do eucalipto, o emprego de madeira de durame con orientación radial, permite obter un produto final estable e con boas características de durabilidade natural. O adhesivo empregado para tódolos perfís é acetato de polivinilo do tipo D4.
Considerando a versatilidade deste material e as súas características técnicas, o perfil laminado de eucalipto é un produto con grandes posibilidades de utilización nas seguintes aplicacións:
Ventás de madeira. Elementos de carpintería e mobiliario (barandillas, elementos torneados, portas, escadas, etc.). Construción (elementos estruturais de segunda orde, viguetas, etc.).
|