O aproveitamento da madeira de eucalipto branco (Eucalyptus globulus) pola industria transformadora está condicionado pola necesidade de realizar un secado lento e delicado, debido á tendencia da madeira a sufrir fendas, colapsos e deformacións.
O esquema habitualmente empregado en Galicia para secar o eucalipto combina a realización de un secado ó aire, desde que a madeira está recen serrada ata que alcanza un contido de humidade do 25-30%, con un secado posterior en cámara. Normalmente, o proceso de secado ó aire ten unha duración de 5-7 meses e o secado posterior en cámara, para alcanzar unha humidade final do 10-12%, acostuma durar entre 25-30 días.
A miúdo comercializouse madeira simplemente secada ó aire, ou seca de forma deficiente, o que repercutiu na calidade do produto final, contribuíndo a desvalorizar a opinión de moitos usuarios acerca da madeira de eucalipto.
Dado que o secado ó aire non permite controlar as condicións ambientais, é habitual a aparición de defectos, obténdose ademais contidos de humidade moi dispares nas táboas que forman a partida. Ademais, o elevado tempo de secado ó aire leva a períodos de rotación de existencias elevados, cos conseguintes prexuízos dende o punto de vista comercial e financeiro.
Con estes antecedentes, entre os anos 1999 e 2000, realizouse un proxecto de investigación onde se analizaron as principais particularidades desta madeira, coa influencia sobre o proceso de secado, elaborándose unha proposta de secado industrial da madeira de eucalipto branco, contrastada por numerosas experiencias realizadas na planta piloto do CIS-Madeira.
Mediante a cédula de secado obtida, en táboas radiais de 30 mm de grosor, un presecado en cámara nunhas condicións de 27ºC de temperatura e 80% de humidade relativa, permite diminuír o contido de humidade dende un 65% ata un 30% nuns 15 días. Así mesmo, con posterioridade, o tempo requirido para alcanzar unha humidade final do 12% e de 15 días. A realización durante o secado de varias etapas de acondicionamento da madeira por medio de vaporización. Durante períodos curtos de tempo, é esencial para acadar unha distribución homoxénea do contido de humidade. Si a madeira foi seleccionada previamente (idade axeitada, orientación radial, etc.), é posible obter unha boa calidade de secado, sen presenza significativa de defectos coma colapso ou fendas.
Este proxecto foi financiado parcialmente pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
|