Estudo de mercado




ESTUDO DE MERCADO DA VENTÁ DE MADEIRA

Ver PDF descritivo do Proxecto


No conxunto da Unión Europea, a madeira representa unha porcentaxe media do 40% sobre o total de materiais empregados na fabricación de ventás, acadando os seus máximos valores de emprego en países coma Suecia (75%), Noruega (70%) ou Finlandia (65%).

Esta situación contrasta coa de Galicia, na que a porcentaxe de ventás de madeira instaladas en obra nova no alcanza ó 5%. Este resultado sorprende máis, se cabe, ó considerar tanto a tradición forestal galega como o desenvolvemento de unha arquitectura tradicional, que acadou solucións imaxinativas en carpintería de ocos.

O CIS-Madeira realizou un estudio de mercado en Galicia coa fin de coñecer as características das ventás existentes, así coma as expectativas de mercado para as ventás de madeira.

A técnica de investigación de mercado aplicada realizouse a través dunha enquisa estruturada. O traballo de campo realizouse entre setembro e novembro de 1997. En total realizáronse 350 enquisas a consumidores finais de Galicia, seleccionados en función da poboación, o volume de edificación dos núcleos, a situación xeográfica, etc.

Logo realizouse una enquisa específica orientada ós profesionais da construción, feita a unha poboación e 50 arquitectos e 50 arquitectos técnicos. Por último, realizouse unha enquisa entre as 25 principais empresas promotoras e construtoras de Galicia, seleccionadas segundo o seu volume de facturación.

Do resultado das enquisas dedúcese que a ventá tipo que predomina na edificación en altura de Galicia é unha ventá de aluminio, con un sistema de apertura de tipo corrediza horizontal e vidro sinxelo. Nas vivendas unifamiliares a madeira triplica a súa presenza respecto a edificación en altura alcanzando unha porcentaxe do 36% sobre o total de materiais empregados.

Inda que a madeira é considerada polos arquitectos para a prescrición de materiais (39%), as respostas dos arquitectos técnicos permiten observar que o aluminio é o material utilizado maioritariamente.

O 80% dos arquitectos enquisados manifesta non dispoñer de información axeitada sobre ventás de madeira, o que xustifica o escaso coñecemento que posúen as empresas construtoras acerca de fabricantes de ventás de madeira.

O principal criterio empregado para decidir que tipo de carpintería instalar, é a relación calidade-prezo da mesma. As razóns argumentadas para empregar perfiles de aluminio son: a rapidez de entrego dos pedidos, a versatilidade de cores, a facilidade para adaptar as dimensións á medida do oco, o gran surtido de empresas competidoras, así como o descoñecemento da ventá de madeira e a súa falta de desenvolvemento por parte das empresas do sector.

A pesares desta situación, o interese en utilizar ventás de madeira segue latente en Galicia, como o demostra o que continúe sendo o material escollido por un 38% dos arquitectos enquisados. De feito, estase asistindo a un rexurdimento do interese pola utilización da madeira, non solo en rehabilitacións ou edificación rural, senón tamén en edificación en altura.

O acceso definitivo ó mercado da ventá de madeira en Galicia dependerá, en boa parte, da capacidade de ofertar un produto de calidade contrastada, que poida saír totalmente acabado de fábrica e instalarse en obra de forma rápida e eficaz.



(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina