Plan Estratéxico das Actividades de Carpintería e Mobiliario de Galicia
Descarga en formato PDF o "Plan Estratégico das Actividades Empresariais de Carpintería e Mobiliario de Galicia. Documento de Síntese".
Debido al tamaño dofichero foi repartido en capítulos para acelerar as descargas.
Nota de Prensa
O pasado 20 de febreiro presentóuse no Hotel "Los Abetos" de Santiago de Compostela o Plan Estratéxico das Actividades Empresariais de Carpintería e Mobiliario de Galicia.
O Presidente do Cluster da Madeira de Galicia, D. Ricardo García-Borregón Millán, presentou o acto, ó que asistiron representantes dos sectores productivos da cadea da madeira de Galicia. O seu Xerente, D. Juan Antonio Penas Lamas, expuxo ós presentes, as líñas de actuación seguidas para a realización do Plan Estratéxico.
Contouse asemade coa presencia do Excmo. Sr. Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia que pechou o acto.
O Plan Estratéxico das Actividades Empresariais de Carpintería e Mobiliario de Galicia, realizado polo Cluster da Madeira de Galicia en colaboración coa Universidade de Vigo e o CIS-Madeira, inclúe dez programas para fomenta-la cooperación empresarial e a incorporación de técnicas innovadoras ó proceso productivo da industria da carpintería e moble. Recolle, ademais, a necesidade de mellora-la formación, as estratexias de motivación do capital humán e os mecanismos que favorecen a especialización productiva. En Galicia, hai preto de 2.500 empresas de carpintería e mobiliario que facturan máis de 535 millóns de euros e dan emprego directo a máis de 12.000 persoas.
Descargas
| Introducción e Capítulo I [1.980 KB] | Capítulo II [694 KB] | Capítulo III [417 KB] |
| Capítulo IV [1.191 KB] | Capítulo V e Anexos [793 KB] |






